8 de diciembre de 2012

Nevado, nevadiño

O alumnos e alumnas de 3º A teñen un novo compañeiro de clase. A que non adiviñades quen é?

14 de noviembre de 2012

Atención, chegan as brigadas de limpeza!!!

Esta semana comezou o servizo das brigadas de limpeza no noso colexio. Os vixiantes equipáronse cunha gorra e un colgante identificativo para que os seus compañeiros e compañeiras saiban que o patio ten novos vixiantes.

Moito ollo, mantede o patio ben limpo!!!!

13 de noviembre de 2012

Unha visita inesperada

Fai una días os alumnos/as do 6º curso de Ed. Infantil tiveron unha agradable visita na súa aula: un PORCO ESPIÑO. Que bonitiño é? Non vos parece?

Festa do Samaín e Magosto

No colexio Rosalía  de Castro estivemos celebrando o Samaín e mailo Magosto. Aquí temos unha mostra do ben que o pasaron os nosos nenos/as participando en diferentes xogos tradicionais e comendo moitas castañas ben quentiñas.

31 de octubre de 2012

Magosto na escola

O pasado día 31 de Outubro o C.E.I.P. Rosalía de Castro, celebrou o seu tradicional Magosto na escola. Igual que anos atrás, os mestres/as programaron durante a xornada unha serie de actividades para tódolos nenos e nenas, entre as que destacamos: os xogos populares, os "contacontos" de medo e a degustación das castañas asadas. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do acontecemento (Picade debaixo, onde di: Máis información).
Por certo, a ver si sodes capaces de atopar a unha mestra comendo castañas? 




24 de octubre de 2012

O Peón

Velaquí vos deixamos un vídeo dos nenos da escola, xogando ó peón.
Picade na imaxe de abaixo e... a desfrutar.

Benvidos alumnos/as de 1º curso

Os alumnos e alumnas do 1º curso foron agasallados cunha pulseira moi musical

17 de octubre de 2012