18 de diciembre de 2013

Calcetíns pendurados


Nas clases de plástica o alumnado do centro elaborou os calcetíns de nadal que despois foron pendurados polas cristaleiras do centro.

Felicitación de nadal de 6º A


A nosa árbore de nadal



Árbore de froitas


A árbore de froitas é unha das actividades  realizadas dentro do Plan Proxecta: Alimenta-T Ben no que se fomenta o consumo de froitas para conseguir una vida máis saudable

Reno de Nadal

                                        Quen se agocha detrás deste antifaz?
 Se queremos sabelo visitade nos vindeiros días o blog dos nenos e nenas de 5 anos

6 de junio de 2013

Camino de Santiago

El día 3 de Mayo los alumnos de sexto hicieron una etapa del camino de Santiago. Salimos del colegio a las diez y diez en autobús hasta el Faramello. Aquí iniciamos la etapa a las once menos cuarto y llegamos a Santiago a las dos y veinte. Todos llevaron un buen ritmo y el camino transcurrió sin incidencias.

7 de mayo de 2013

Festividade do san Xoan do Raio


San Xoan do Raio



 

O día 6 de Maio no municipio de Padrón celébrase a festa de San Xoan do Raio.
A orixe desta festa baralla varias hipóteses. Unha é a que sinala que naceu no XVI, xa que é neste século cando empezan a conmemorarse en Santiago, os milagres que se apoian na protección das xentes e edificios relixiosos dos raios meteorolóxicos, por parte de diferentes santos. Padrón naqueles tempos asimilaba todos estes eventos, e foi así como se constituíu a festa do Raio, por iniciativa do cabido de Iria.
Dende hai anos a data do seis de maio quedou institucionalizada na axenda municipal e eclesiástica padronesa. San Xoán protexeu os veciños dunha forte tormenta e evitou que a descarga eléctrica dun lóstrego desafortunado provocase serios estragos no pobo, conducindo este directamente cara á igrexa, sen que o edificio sufrise ningún dano. Por este motivo din os padroneses que San Xoán é o seu anxo da garda. E é que a devoción por esta imaxe (a máis pequena da imaxinaría relixiosa da capital do Sar) ten máis dun século de antigüidade. Cada ano esta imaxe é sacada a ombros dende o salón de plenos (onde é gardada todo o ano) para participar na procesión ata a igrexa de Santiago Apóstolo, tradición que se remonta a hai máis dun século.
O talle é obra do artista José Linares e data de 1872 e foi restaurado no 2012. Fíxose unha fornela para a súa protección. Ata a data a historia da escultura perdérase na memoria. Non se sabía que lucise pluma e coroa de prata vella, nin que o libro que sostén tivese inscrición ningunha. Tamén a vestimenta que portaba ocultaba gran parte das zonas queimadas por un posible incendio.
Os traballos realizados pola restauradora María Alejos sacaron á luz autor e data: José Limeres de la Peña e 1872, respectivamente. O escultor tamén era avogado e foi pai do coñecido político coruñés Maximiliano Linares Rivas e de Aureliano Linares Rivas, ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Alfonso XII e ministro de Fomento durante o reinado de Mª Cristina de Habsburgo.
Esta imaxe, segundo o edil de Cultura, Eloy Rodríguez, debeu substituír unha máis antiga. E é que o culto a San Xoán do Raio, protector dos raios e os terremotos, ademais dos tipógrafos, se remonta en Padrón a 1613.
Dende hai dezasete anos o concello de Padrón fai coincidir esta festa coa festa da terceira idade.



Trabajo realizado por alumnos del tercer ciclo

2 de mayo de 2013

Plástica 6ºA

Os alumnos de 6º A mostran a súa creación floral imitando a beleza dun patio andaluz

30 de abril de 2013

9 de abril de 2013

A galiña e os pitiños

                                        Alumnos e alumnas de 2º B

14 de marzo de 2013

Muller traballadora

O 8 de Marzo celebramos o día da Muller traballadora no noso colexio.

Amor e amizade

Debido ao éxito do Baúl do Amor e da amizade, decidimos seguir mantendo esta actividade no que queda do curso.

Cantares Gallegos

Este ano celébrase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

26 de febrero de 2013

Waterloo


                                                            Música de 5ºB