14 de noviembre de 2012

Atención, chegan as brigadas de limpeza!!!

Esta semana comezou o servizo das brigadas de limpeza no noso colexio. Os vixiantes equipáronse cunha gorra e un colgante identificativo para que os seus compañeiros e compañeiras saiban que o patio ten novos vixiantes.

Moito ollo, mantede o patio ben limpo!!!!

13 de noviembre de 2012

Unha visita inesperada

Fai una días os alumnos/as do 6º curso de Ed. Infantil tiveron unha agradable visita na súa aula: un PORCO ESPIÑO. Que bonitiño é? Non vos parece?

Festa do Samaín e Magosto

No colexio Rosalía  de Castro estivemos celebrando o Samaín e mailo Magosto. Aquí temos unha mostra do ben que o pasaron os nosos nenos/as participando en diferentes xogos tradicionais e comendo moitas castañas ben quentiñas.