Santiaguiño do Monte s/n - 15900 - Padrón ceip.rosalia.padron@edu.xunta.es
16 de mayo de 2013
7 de mayo de 2013
Festividade do san Xoan do Raio
San Xoan do Raio
O
día 6 de Maio no municipio de Padrón celébrase a festa de San Xoan do Raio.
A orixe desta festa baralla varias hipóteses. Unha é a que sinala que naceu no XVI, xa que é neste século cando empezan a conmemorarse en Santiago, os milagres que se apoian na protección das xentes e edificios relixiosos dos raios meteorolóxicos, por parte de diferentes santos. Padrón naqueles tempos asimilaba todos estes eventos, e foi así como se constituíu a festa do Raio, por iniciativa do cabido de Iria.
Dende hai anos a data do seis de maio quedou institucionalizada na axenda municipal e eclesiástica padronesa. San Xoán protexeu os veciños dunha forte tormenta e evitou que a descarga eléctrica dun lóstrego desafortunado provocase serios estragos no pobo, conducindo este directamente cara á igrexa, sen que o edificio sufrise ningún dano. Por este motivo din os padroneses que San Xoán é o seu anxo da garda. E é que a devoción por esta imaxe (a máis pequena da imaxinaría relixiosa da capital do Sar) ten máis dun século de antigüidade. Cada ano esta imaxe é sacada a ombros dende o salón de plenos (onde é gardada todo o ano) para participar na procesión ata a igrexa de Santiago Apóstolo, tradición que se remonta a hai máis dun século.

O talle é obra do artista José Linares e data de 1872 e foi
restaurado no 2012. Fíxose unha fornela para a súa protección. Ata a data a
historia da escultura perdérase na memoria. Non se sabía que lucise pluma e
coroa de prata vella, nin que o libro que sostén tivese inscrición ningunha.
Tamén a vestimenta que portaba ocultaba gran parte das zonas queimadas por un
posible incendio.
Os traballos realizados pola restauradora María Alejos sacaron á luz autor e data: José Limeres de la Peña e 1872, respectivamente. O escultor tamén era avogado e foi pai do coñecido político coruñés Maximiliano Linares Rivas e de Aureliano Linares Rivas, ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Alfonso XII e ministro de Fomento durante o reinado de Mª Cristina de Habsburgo.
Esta imaxe, segundo o edil de Cultura, Eloy Rodríguez, debeu substituír unha máis antiga. E é que o culto a San Xoán do Raio, protector dos raios e os terremotos, ademais dos tipógrafos, se remonta en Padrón a 1613.
Dende hai dezasete anos o concello de Padrón fai coincidir esta festa coa festa da terceira idade.
Trabajo realizado por alumnos del tercer ciclo

2 de mayo de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)