28 de octubre de 2015

AGASALLOS PARA OS PARTICIPANTES


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega consideramos que é importante valorar a participación de todo o alumnado que se presenta ao diferentes concursos que realizamos no centro. É unha forma de animalos para que se involucren na vida da escola. 
Por este motivo hoxe se repartiron uns agasallos a todos aqueles que se molestaron en facer unha pequena historia de medo ou unha imaxe terrorífica.

Moitas grazas a todos!


Paula, Lucas e Daniela (4ºEI)
Dani, Iria, Julio, Adrián, Abril e Noa (5ºEI)
Roi, Inés, Alba, Leo e Samuel (6ºEI)
Iria, Xoel, Iker, Manuel, Pablo, Fabiola e Luis (1ºB)

Anxo (2ºA)
Cayetana, Naiala, ADriana, Héctor, Sheila, Adrián, Anxo, Diego, Aarón e Sara (2ºB)

Ainhoa, Anxo e Bruno (3ºA)

Pablo, Brais e Paula (3ºB)
Christian (4ºA)
                                                   
Paula, María, Aitana, Iria e Samuel (4ºB)
Sheila e Mireia (5ºA)

Isaac (5ºB)

Emma e Sara (6ºA)
Valentín, Mateo, Jorge, Diego e Nicolás (6ºB)

Lorena, Lidia, Desiré e Ainhoa (6ºB)

Bruno, Lucas, Asier e Ian (6ºB)

Andrea, Maruxa, Hugo e Marco (6ºB)


26 de octubre de 2015

Concurso de imaxes e historias de medo.

O equipo de Dinamización da Lingua Galega convovou como todos os anos un concurso de imaxes e historias de medo.
Estes foron moitos  dos participantes:





  




Hoxe rematou o tempo de votacións, en breve anunciaremos os premiados...

MAMASIÑA... QUE MEDO!
MAMASIÑA... BOA SORTE!

24 de octubre de 2015

MERCADILLO DA ASOCIACIÓN "A MATANZA"

O alumnado de 2ºB estaba un día en clase de ciencias sociais e non era quen de entender como se organizaba unha asociación veciñal. Así que decidimos crear nós unha, neste caso non de veciños pero de compañeiros e compañeiras.

O primeiro foi decidir algo co que identificarnos, como a nosa aula é "A Matanza" decidimos que ese sería un bo nome. Despois necesitabamos un voceiro que puxese en común as decisións. Parte do alumnado presentouse voluntario e por votación democrática saliu o nome de Iria.
Xa cunha organización montada decidimos que iamos facer un mercadillo ou unha tómbola, como o que saía no exercicio do libro, e que ía estar relacionado ao mesmo que no libro, coas festas; é dicir, esa asociación tiña como obxectivo crear unha comisión de festas.
Que festa iamos celebrar? Pois xa que estaba preto, o Samaín.
Que necesitabamos para conseguir cartos para poder montar a nosa festa? Aquí é onde houbo máis problemas de comprensión. O alumnado pretendía mercar obxectos pra vender, pero de onde sacabamos os cartos para mercar estes obxectos? Se xa tiñamos cartos, por que montabamos unha comisión para conseguir máis? A resposta moitas veces foi: a mestra, a mestra merca as cousas e nós as vendemos. (Pillería ou inocencia?)




Decidimos, como aprendimos o curso pasado na celebración do Día do Consumidor que os obxectos que temos en casa poden ter moitas vidas, e reuníndoos poderiamos ter xa algo que poñer á venda. 
As cousas ían chegando e houbo que poñer prezos.
Aquí votamos man dos nosos coñecementos en mates, aínda que o valor sentimental e o real non sempre coinciden...



Xa tiñamos o noso tenderete posto, pero como ía saber a xente que estabamos activos? 
Había que facer publicidade, carteis e folletos. 
O máis complicado foi establecer un horario de compra-venda.






Tamén decidimos que só o persoal adulto que estivera no centro sería o que mercaría algo xa que non queremos que o alumnado traia cartos ao cole.

Con todo montado, chegaron os primeiros interesados.
A portavoz da asociación elexía un tendeiro ou tendeira que previamente preparara os pasos de como antender ao persoal: saúdos, explicación do produto se fose necesario, facer as contas, controlar o cambio, etc.

Ao final conseguimos 21,07 euros!!!

Nos parecía unha cantidade moi alta para gastar integramente nunha festa, que pasa e remata, así que tal e como están as cousas decidimos donar parte a unha ONG.
Tamén houbo moito debate en canto aos cartos que iamos entregar... Dende un euro ata "ti merca o que necesitemos para a festa e o que sobre o damos para a ONG!"
Ao final decidimos que iamos dar 16euros, un por alumno e a mestra daría outro euro máis.
Entre as familias suxeriron varias propostas de ONG e saiu como gañadora unha de Padrón, pero xa non existe, así que mandamos os cartos á segunda na clasificación.


Foi unha grande experiencia que demostra que traballando en comunidade todo é máis interesante, e que traballar con libros de textos e facer proxectos non son incompatibles.

Moitas grazas a todos e todas por participar do noso traballo!

19 de octubre de 2015

COMEZAMOS O CURSO 2015-2016

Comezamo-lo curso con voas vibracións. esperamos que participedes activamente en tódalas nosas actividades.